Baloncesto

Dispoñemos de 1 PISTA para practicar baloncesto baixo a modalidade 1x1 e 2x2. O baloncesto ao igual que o fútbol, é un dos deportes que máis integrado está na sociedade, e dos que máis se practican.

Xógase nunha pista de dimensións 10 metros x 5 metros e enfróntanse 2 equipos de 1 ou 2 xogadores, dependendo da modalidade de xogo. En competicións, cada partido dura 30 minutos cun pequeno descanso aos 15 minutos de xogo.

Fútbol

Dispoñemos de 1 PISTA para practicar fútbol baixo a modalidade 3x3, unha das modalidades máis dinámicas do deporte con máis tirón social.

Xógase nunha pista de dimensións 20 metros x 10 metros, e enfróntanse 2 equipos formados cada un deles por 3 xogadores/as como mínimo, coa posibilidade de facer cambios no caso de ser máis de 3 xogadores. En competicións, cada partido dura 30 minutos, cun pequeno descanso aos 15 minutos de xogo.

Minigolf

Dispoñemos de 1 CAMPO formado por 4 BURACOS no que poder xogar a un dos deportes máis novidosos e divertidos. Non se requiren dunhas cualidades técnicas tan altas coma as que se precisan para practicar golf, e a súa práctica, ao igual que o resto dos deportes do centro, é apta para todas as idades.

Pódese xogar só ou enfrontándose a outros xogadores. Gañará en todo caso o xogador/a que emboque a bóla no menor número de golpes posibles.

Pádel

Dispoñemos de 3 PISTAS PANORÁMICAS nas que poder xogar a un dos deportes que máis incrementa a súa práctica ano tras ano.

Xógase nunha pista de dimensións 20 metros x 10 metros, e enfróntanse 2 parellas en cada partido. O partido xógase ao mellor de 3 sets, e gañará a parella que antes chegue a 6 xogos en cada set, cunha diferenza mínima de 2 xogos. En caso de empate, por regra xeral, gañará o que gañe o tie-break pero tamén se poderá establecer que se gañe por unha diferenza de 2 xogos. O sistema de puntuación en cada xogo, ao igual que nos sets, é o mesmo que no tenis (1º punto 15, 2º punto 30, 3º punto 40). Cada partido dura aproximadamente 1h 30min.


  • Gallery logo
  • Gallery logo
  • Gallery prolavi logo
  • Gallery logo tec1
  • Gallery logo
  • Gallery logo
  • Gallery logo autoefher
  • Gallery newton
  • Gallery logo
  • Gallery logo
  • Gallery novalux
  • Gallery logo progreso
  • Gallery logo lar os pios
  • Gallery logo modificado
  • Gallery logo
  • Gallery logo
  • Gallery logo web
  • Gallery banner
  • Gallery logobanner
  • Gallery logo


Esta web usa cookies propias con fines no publicitarios. Las cookies nos ayudan a mejorar nuestro sitios y no compartimos esa información. OK